Novas

17-10-2017 -

O Concello adxudica as obras das Pías en 244.600 euros

O plan de traballo contempla entre outros a renovación das redes de abastecemento de auga que discorren pola marxe sur da estrada FE-14, posto que teñen unha antigüidade superior a 40 anos e son foco habitual de roturas e fugas.
16-10-2017 -

Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene

O martes 17 de outubro, de 18.30 h a 19.15 h, a Biblioteca Municipal acolle Percubebé, actividade dirixida a nenos/as de 0 a 4 anos.
16-10-2017 -

Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

Os traballos do concurso escolar que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas están expostos dende hoxe na Casa da Cultura de Fene
11-10-2017 -

Partido Popular e Somos Fene rexistran a proposta de moción de censura contra Juventino Trigo

O vindeiro 26 de outubro, ás 12.00 h celebrase un pleno presidido tal e como marca a lei pola Mesa de idade. A Mesa limitarase a ler o texto da moción de censura e a cederlles a palabra, por esta orde, ao candidato á alcaldía, ao alcalde e aos portavoces de cada grupo, que poderán exercer ou non ese dereito.
11-10-2017 -

Pintura ao servizo da integración e a humanización de espazos públicos

O Concello impulsa a mellora de espazos urbanos cun proxecto de integración social. A iniciativa desenvolveuse no Barrio de San Valentín e no vindeiros días traballarán nas escaleiras laterais da Casa da Cultura converténdoas nun teclado de piano.
10-10-2017 -

O Museo do Humor amosa os debuxos dos premios "Curuxa 2017"

Corenta e cinco debuxos conforman a mostra de humor gráfico “Premios Curuxa 2017” que se pode ver durante os meses de outubro e novembro na sala de exposicións temporais do Museo do Humor de Fene.
06-10-2017 -

A Biblioteca de Fene anima ás crianzas a participar nos xogos do Paporrubio

“O Paporrubio” primeira das actividades que organiza a Biblioteca Municipal de Fene para este outono. A cita na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o martes 10 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas.
05-10-2017 -

O Pleno de Fene aborda na sesión de outubro a devolución do Pazo de Meirás

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que pretende colleitar o máximo apoio institucional e social para que o pazo pase formar parte do patrimonio público.
05-10-2017 -

O Museo do Humor de Fene amosa os debuxos dos Premios Curuxa 2017

A exposición permanecerá aberta ao público do 9 de outubro ao 30 de novembro.
05-10-2017 -

O alcalde de Fene apoia as demandas dos traballadores e traballadoras das auxiliares do sector naval

O Alcalde de Fene, expresa todo os eu apoio nas súas lexítimas reivindicacións perante a convocatoria de folga convocada.