Fene ao día

Novas

  • A Casa da Cultura de Fene modifica os seus horarios durante o Nadal

    Co gallo das festas de Nadal, a Casa da Cultura variará os seus horarios. Cambios que serán efectivos a partir deste sábado, 22 de decembro, e ata o 7 de xaneiro, incluído. Así, os horarios de todas as instalacións da Casa da Cultura –Biblioteca, Museo do Humor, Aula de Estudo e Sala de Exposicións Temporais- pasará a ser de luns a venres de 10 a 14,15 horas. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro, sábados, domingos e festivos permanecerá pechada.

  • O Apalpador visita os colexios de Fene

    Convidado polo Concello de Fene, o Apalpador iniciaba onte unha rolda de visitas ós centros de ensino do municipio. Acudía ó CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras e CPR Jorge Juan e, hoxe martes, fará o propio no CEI de Sillobre (10 h), CEIP Os Casais (12 h) e CEIP Plurilingüe O Ramo (13,15 h).

  • O Concello inicia as obras para reparar o firme e ampliar a beirarrúa da rúa Ameneiral

    Hai tres anos, a rúa Ameneiral era obxecto dunha intervención por parte de Viaqua para a mellora das canalizacións. Rematada a actuación o firme desta vía de Perlío quedou levantado na zona afectada, sen aglomerado, con pedras soltas e un gran número de fochancas. Unha situación que non tivo resposta ata hoxe. A semana pasada as máquinas comezaban a traballar na rúa para reparar o firme e ampliar tamén a beirarrúa.

Ver máis

Axenda