Deporte

Novas

  • Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

    Dende o 19 de setembro, os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.

  • Entidades culturais, educativas e deportivas poden solicitar as axudas para as actividades organizadas en 2018

    O Concello de Fene establece o prazo de solicitude ata o 1 de outubro ás 14:00 horas. Subvencionaranse gastos de funcionamento, mantemento e tamén de organización de eventos e actividades e desprazamentos

    O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da apertura do prazo de solicitude das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que van dirixidas a entidades culturais, deportivas e educativas sen ánimo de lucro. Coas mesmas, poderán afrontar gastos de mantemento, funcionamento e organización de actividades correspondentes ao ano 2018 ou ao curso 2017/2018.

  • O Concello abre o prazo de matrícula nas escolas deportivas a próxima semana

    O Concello de Fene abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais que se celebrarán no curso 2019/2020, que se estenderá dende o 1 de outubro ata mediados ou finais de xuño, segundo os casos.

    Este ano, o Concello de Fene ofrece un amplo abano de actividades, coma atletismo, pequedeporte, baloncesto, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe, zumba, pilates, rehabilitación funcional, judo, karate e ioga. Na piscina, ofrécese aquagym e natación para todas as idades (dende bebés ata maiores), para embarazadas, para o postparto e mesmo natación terapéutica.

Ver máis